Xestión e Financiamento

De Proxecto Cárcere

(Redirixido desde "Xestión")

Índice

FINANCIAMENTO

Documentación

Guía Recursos Económicos Media:ASOCIOGUIA RECURSOS ECONOMICOS.pdf

El puzle de la Cultura de Pilar Ponce Media:PILAR-PONCE_EVC2012.pdf

Propostas financiamento Media:IDEAS ECONOMIA PROXECTO CÁRCERE.pdf

Resumo (xestion e financiamento) 3º Encontro Red Transibérica Media:Resumo 3º Encontro Red Transiberica Bilbo.pdf

Estado de contas de Proxecto Cárcere [1]

Actas

Mércores 15 de maio 2013

Media:GdT Xestion e financiamento 15 maio 2013.pdf

Luns 22 de abril 2013

Media:Reunión do gdt xestion e financiamento abril 2013.pdf


Mércores 12 de decembro 2012

Media:Reunión do gdt financiamento decembro 2012.pdf

XESTIÓN

ESTATUTOS - Ficheiro:Borrador Estatutos Proxecto Cárcere.pdf

Info xeral - calendario

Participantes

Alberto Fortes, Cris Vilares, Javier Rodríguez, Mariola Mourelo e Susana Fernández.

Documentos públicos. Tesoureria, solicitudes...

Carta ao Concello da Coruña - Outubro 2011

Ficheiro:Cartaconcello.pdf

Carta ao Ministerio de Interior, Institucións Penitenciarias - Outubro 2011

Ficheiro:Cartaministerio.pdf

Resposta desde o Ministerio de Interior - Novembro 2011

Ficheiro:ContestacionMinisterioInterior.pdf

Carta ao alcalde da Coruña - Novembro 2011

Ficheiro:PCcartaalcaldiacorunha.pdf

Carta ao SIEP - Abril 2012

Ficheiro:Cartasiepbrigadalimpeza.pdf

Carta ao Concello da Coruña - Abril 2012

Ficheiro:Cartaconcelhocorunhabrigadalimpeza.pdf

Actas

18/10/2011. Reunión do grupo de traballo de Xestión.

0.- METODOLOXÍA DE TRABALLO DO GRUPO O grupo de Xestión de proxecto cárcere acorda este sistema de traballo:

_1. No periodo entre duas asambleas da Plataforma reunirase para avanzar e concretar o traballo realizado polos seus membros duas veces, ou como mínimo unha. Isto mentres se manteñan as Asembleas Xerais cada mes.

_2. Serán os martes as 20:15 horas, salvo que sexa festivo ou a marioría dos membros do grupo soliciten cambio de día.

_3. As xuntanzas durarán un máximo de 1h 15 minutos. Pódese facer unha prórroga por un máximo de 15 minutos seo interese dos puntos pendentes así o require.

_4. O grupo pode acordar a creación de subgrupos para o estudo de cuestións concretas. Eses subgrupos terán capacidade para organizarse como máis operativo lles resulte.

_5. Os documentos que se vaian xerando deberán ser subidos ao DOCS do correo electrónico Usuario: xestioncarcere@gmail.com Contrasinal: macondo20

_6. Tamén se pode utilizar o Calendar dese correo para sinalar xuntanzas e outras datas importantes para o grupo de traballo.

_7. Para a difusión de convocatorias ou lista de correo seguirase a usar: xestioncarcere@saramaganta.info


1.- Decisión sobre a carta ao alcalde e Institucións penintenciarias. - Aprobase o texto presentado como borrador incidir na importancia da salubridade, a reparación que se pagou. - Aprobase enviar a carta ao ministerio de interior en castelán.


2.- Grupo de coordinación. Se crea correo xestioncarcere@gmail.com. Contrasinal macondo20 Aproveitando que a última asamblea aprovou crear un Grupo de coordinación con dous membros de cada grupo de traballo imos ter este correo operativo para o traballo interno como xa se sinalou anteriormente. Será ferramenta de traballo a través de google docs, será como a carpeta do grupo. Os responsables do Grupo de Xestión no Grupo de Coordinación serán estes dous primeiros meses Carmen Cotelo e Tomi Legido. Cada dous meses unha das duas persoas deixará esta responsabilidade a outro compañeir@. Polo tanto, cada persoa estará no “cargo” 4 meses, excepto neste primeiro turno que unha das duas persoas so estará 2.


Con ese grupo de coordinación preténdese mellorar a comunicación entre os 4 grupos de traballo da Plataforma.


3.- De cara a vindeira asamblea se nos puxo de tarefa unha proposta de forma de persoa xurídica que debería adoptar a Plataforma. Falamos que en principio parece que ser unha Asociación parece a opción máis sinxela, pero non se descarta proponer outras formas xurídicas. Iniciamos a búsqueda activa de modelos de estatutos e tipos de persoas xurídicas doutros proxectos similares. A outra tarefa e ir recopilando información sobre os modelos de xestión que empregan. Dividímonos un pouco por contactos que xa temos cada un a búsqueda desa información. Lembrade subila a Docs cada vez que atopedes algo que vos pareza interesante.

En principio, para saber o que poden aportar Lidya e Susi neste punto, que manden un correo á lista, para non duplicar esforzos e que non se investiguen os mesmos proxectos.


A vindeira xuntanza do grupo de traballo é o mércores 2 de novembro as 20:15


02/11/2011. Reunión do grupo de traballo de Xestión.

Asisten: Ángel, Tomi, Pepe, Carmen, Maruxa, Cris.

1_Estratexia sobre a carta ao alcalde e Institucións penitenciarias. Acórdase que tras pasar as cartas polo rexistro o pasado día 25 de novembro de 2011, agardaremos un periodo de aproximadamente mes e medio antes de emprender as accións mediáticas que conveñan. Estas intencións serán comentadas na vindeira Asamblea do 5 de novembro.

2_Posta en común da información recadada sobre modelos de estatutos e persoas xurídicas. No anterior encontro do grupo xestión, púxose como tarefa que cada un dos membros investigase pola súa conta modelos de estatutos e persoas xurídicas que mellor se adaptasen ao Proxecto Cárcere. Tomi aportou os Estatutos de la Red de Medios Comunitarios (ReMC), que xa están subidos no docs da nosa conta: xestioncarcere@gmail.com Este modelo de xestión combina tanto persoas individuais como persoas xurídicas. Carmen propuxo unha asociación de asociacións, é dicir: unha federación. Pepe investigou sobre a normativa existente noutros concellos como Santiago e Torrejón de Ardoz, que regula o proceso de cesión de espazos públicos ou en desuso á cidadanía. Tamén Maruxa aporta un documento interesante en relación con este tema elaborado polo Forum de Regidors i Regidors de Cultura en Barcelona. Consideramos de interese ter coñecemento sobre ditas normativas ( aínda que o noso concello non conte con ningunha na actualidade) como apoio para as futuras demandas que a plataforma poida realizar ao concello. Fálase tamén do exemplo da Casa Invisible de Málaga (información no docs) que aínda non están constituídos como asociación pero que contan cun protocolo acordado co concello no que deberán ser persoa xurídica nun determinado prazo de tempo. A diferenza de nós, a Casa Invisible conta coa cesión do espacio. Maruxa plantexou a posibilidade das cooperativas (non se descarta nun estado máis avanzado do Proxecto Cárcere) e os grupos de colectivos como o do Csa Seco en Madrid (información no docs) que non son asociación e levan 20 anos funcionando. Os membros son colectivos e persoas individuais mais eles arredan o espacio a unha empresa municipal, é a diferenza mais subliñable en comparación connosco. Maruxa e Carmen destacan o exemplo de Nou Barris en Barcelona, que funcionan como un ateneo. Son unha asociación de veciños que reivindica o uso dun espacio, o concello rehabilítao pero eles xestionan as actividades, aínda que supoñemos que os espectáculos son de xestión conxunta entre ambas partes. (Actualmente contamos cos estatutos de Nou Barris)

_Conclusións Decídese que unha Asociación socio-cultural sen ánimo de lucro é modelo máis sinxelo e que mellor encaixa cos obxectivos máis inmediatos da plataforma. Funcionaría ademais como un exercicio de compromiso dos membros. Os trámites para a constitución de dita persoa xurídica levarían un mes e medio cun custo aproximado de 38 euros.

Xorde a dúbida de si neste tipo de persoa xurídica conviven en igualdade os membros individuasis e as persoas xurídicas. Proponse dar resposta a esta cuestión de cara á próxima reunión do grupo de traballo. A proposición do modelo de Asociación levarase á vindeira Asamblea do 5 de novembro para a posta en común con tódolos membros. Se existise un consenso sobre este tema, a próxima tarefa do grupo será iniciar o proceso e comezar a elaborar os estatutos baseándonos nos exemplos recadados que mais nos interesen. Traballaremos dende o docs, elaborando un documento en branco no que cadaquén levará asociada unha cor ás súas aportacións.


3_Elaboración do dossier. Polo momento dedicarémonos a recoller e seleccionar a información que consideremos válida para incluila nos puntos do Dossier que sexan cometido do noso grupo de traballo. Plantexamos a necesidade de ter unha data de referencia para a finalización do Dossier para a mellor distribución de tempo e esforzos. Dita necesidade dunha axenda de traballo, será compartida coa Plataforma na vinderira Asamblea.

Quedou sen precisar cando será a próxima reunión do grupo de traballo.


ACTA GRUPO DE COORDINACIÓN DO PROXECTO CÁRCERE

4 DE XANEIRO DE 2012. (No Macondo). Presentes: Patxi, Carmen, Tono e Tomi (ademáis dun convidado doutro proxecto de autoxestión de Madrid, que aportou certas visións interesantes, ademáis de falarnos do seu proxecto, non lembro agora o nome, nin del nin do proxecto).

1. Cuestións pendentes

  • Encargar os cartaces que Marta trouxo a última Asemblea co lema. "E ti que farías aquí?".

Tomi quedou encargado de falar con ela, xa que CUAC vai adiantar os cartos da imprenta. Xa falei con ela, retocou o que se falou na asemblea, pedimos orzamento de Impresión Dixital (fixoo Sandra) e de Imprenta. Era moito mellor esta opción, Temos dende o xoves 5 os carteis encargados a imprenta. Son 60 euros por 300 cartaces. Como 500 costaban 68 €, encarguei esa cantidade, pero eses 8 euros os paga CUAC. Como non caducan, pareceume a mellor opción. Xa se irán pegando en distintas tandas.

  • Estaba pendente adherirnos como Proxecto Fundador da Rede Transibérica de Espacios Culturales. Decídese que Tono se encargue de levar ese tema, ademáis de decirlles que si, que conten con nós e facer un seguimento dos requerimentos ou detalles referidos a este asunto.

2. Falamos do estado no que están a Redacción dos estatutos.

O convidado plantexanos algo que non falamos ainda. ¿Ámbito da Asociación? Provincial, autonómica ou estatal. A verdade é que no grupo de Xestión. Comentaba el que canto maior é o ambito, tendo en conta que imos ter que negociar posiblemente cun ente estatal, como é un Ministerio ou algo así, debemos plantexarnos un ámbito para a asociación o máis elevado posible.

Tamén falamos da necesidade de incluir no articulado, en concreto no artigo dos Obxectivos, unha serie ampla de puntos que falen de todo o que se nos ocurra. Este convidado recomendounos que así o fixéramos. Parece algo pouco importante pero non o é, xa que calquer informe por parte dunha administración pública (que realizará un funcionario, que tenden a ser moi cuadriculados e legalistas) vai centrarse nos obxectivos da asociación que especifiquen os estatutos, non nos que lle contemos nun documento ao marxe. En xestión, estabamos Carme e Tomi, quedamos de tentar especificar o máis posible ese apartado dos estatutos.

3. DOSSIER DE PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA

Falamos de que a tódolos grupos de traballo nos está costando distribuir o traballo e poñernos en serio co dossier. As conclusións as que chegamos tras unha larga charla foron:

  • Facer dous dossieres, un sería moi reducido e gráfico para presentar nas xuntanzas cos colectivos, responsables políticos... Chamémoslle dossier de presentación.

E o segundo sería, con máis calma, o que temos que facer para presentar en caso de que nos dean a oportunidade de falar directamente con alguén que teña capacidade de cedernos o espazo.

  • En función do punto anterior, SOLICITAMOS A CADA GRUPO DE TRABALLO QUE FAGA ESES PUNTOS BÁSICOS do que a eles lles compete e os redacten e documenten con fotos, ilustracións... o antes posible.

O GRUPO DE COORDINACIÓN REUNESE DE NOVO O MÉRCORES 11 DE XANEIRO, SE OS GRUPOS DE TRABALLO NON ENVÍAN UNHA PROPOSTA A ESTE RESPECTO PARA ESE DÍA TENTARÁ FACELO O G.C. E ENVIARLLE ESES "DEBERES" AOS GRUPOS DE T

  • Aproveitando a capacidade de Tono para realizar videos e facer a posterior edición, propoñemos ter un Video-dossier. O mesmo que contemos no papel pero en video, falando xente dos diversos grupos de traballo e tamén se podería recoller a opinión da rua, falando con xente que entrevistemos no paseo marítimo cando pasa por diante do edificio, ou xente doutros colectivos representativos da cidade. Por agora é só unha idea sen concretar pero aos que alí estabamos pareceunos moi oportuno levar a cabo esta montaxe. Resulta moi sinxela de difundir en redes sociais e plataformas de compartir videos

Propostas