Xeral

De Proxecto Cárcere


Índice

MANUAL DE FUNCIONAMENTO DO PROXECTO CÁRCERE

1. DEFINICIÓN DE CONCEPTOS

Proxecto Cárcere

Plataforma de persoas e colectivos que apoian a recuperación do Cárcere da Torre como Centro Sociocultural e da memoria por e para a cidadanía da Coruña. Os fundamentos do proxecto están recollidos no documento “Conclusións dos Encontros sobre os Novos Modelos de Participación de Xestión Cultural” celebrados o 19 e 20 de novembro de 2010 e presentado na Asemblea do 18 de decembro de 2010. Este proxecto partiu da iniciativa da AAVV Atochas-Montealto surxida en novembro de 2009.

Asamblea Aberta

Conxunto de persoas e colectivos, aberto a novas incorporacións, que fan propostas, debaten e toman decisións informadas, preferibelmente por consenso, para a consecución do obxectivo principal do Proxecto Cárcere.

Métodos de toma de decisións:

Consenso

Procura a inplicación e apoio de todas as participantes do grupo nas decisións tomadas e nos traballos e accións que deriven das mesmas. A decisión só é tomada cando todas (persoas e colectivos) están dacordo.

Proceso: introducción tema – discusión (tanto tempo como necesario) – achegar posturas - decisión:

  • Consentir. Apoio a decisión, a pesar dalgún pequeno desacordo
  • Bloqueo. Négome porque a decisión...
    • Vai en contra dos meus principios éticos (determinar validez)
    • Vai en contra dos valores e visón do grupo (explicar)
    • Afecta á seguridade do grupo (explicar)

Atención!!!: Non se aceptan bloqueos por razóns persoais e individualistas (de persoas ou colectivos).


Votación

Procura a implicación e apoio da porcentaxe mais alta de participantes nas decisións tomadas e accións que deriben das mesmas.

A decisión é tomada cando se consigue unha porcentaxe determinada de votos a favor.

Proceso: Introducción tema – discusión (tempo limitado) – votación – decisión


Posibilidades:

  • Maioría simple ou ordinaria. Mais votos a favor que en contra.
  • Maioría absoluta. Unha maioría igual ou superior á metade mais un das participantes
  • Maioría cualificada. Requírense mais votos que nunha maioría ordinaria. Exemplo 2/3, 3/5, 4/7.
  • Mixto. Pódese crear un sistema con características dos dous anteriores que se adapte á filosofia e necesidades do noso grupo

Grupos de Traballos

Grupos de persoas e/ou colectivos subordinados ás decisións e necesidades da Asamblea que se encargan de elaborar as propostas específicas da súa área de traballo, recollendo o sentir da asamblea e devolvendo as novas propostas traballadas. A única autonomía da que dispoñen é da de distribuir as tarefas entre as participantes no grupo do xeito que prefiran.

Equipo coordinador

Grupo de persoas activas nos diferentes GTs e tarefas do proxecto. Utiliza como guía o Manual de Funcionamento, e funciona en base aos acordos e sentires da Asamblea. Reúnense unha vez por mes.

Participante independente

Defínese desta maneira á persoa ou colectivo que sen estar a participar nos GTs de forma activa, que seria a forma de colaboración desexada, si está a facer aportacións regulares ou puntuais á Asamblea e forma parte da Plataforma do Proxecto Cárcere.

2. ORGANIGRAMA

Organigrama.jpg

Asamblea

Funcións:

  • Debater e tomar decisións informadas sobre os pontos recollidos na orde do día.
    • Propostas provintes dos diferentes GTs
    • Propostas provintes de participantes independentes
  • Recoller propostas novas dos GTs e de participantes independentes
  • Criar e modificar o organigrama (GTs, funcións, etc) dacordo cos diferentes momentos do proceso.
  • Establecer un calendario de traballo e actividades a corto, medio e longo prazo
  • Compoñer a orde do dia da seguinte reunión
  • Convocar a próxima reunión da Asamblea

Obxectivos

  • Recuperación do Cárcere da Torre como Centro Sociocultural e da Mémoria para a cidadanía
  • Avanzar no calendario de traballo (non volver a debatir cuestións indefinidamente)
  • Posta en común das propostas de todas as participantes na Plataforma
  • Garantir a participación democrática na Plataforma

Grupos de Traballo

Funcións:

  • Debate pormenorizado das propostas saídas da Asamblea, e de temas que tendo pasado pola Asamblea precisan de mais tempo e reflexión.
  • Recollida de documentos e información relevantes
  • Avaliación das opcións disponibeis para cada proposta
  • Devolver os resultados conseguidos à Asamblea para o debate e toma de decisións informadas
  • Crear e redactar novas propostas dentro das funcións do propio GT para levar á debate na seguinte reunión da Asamblea.
  • Distribución de tarefas entre as persoas e colectivos colaborando no GT

Obxectivos:

  • Distribuir de forma efectiva os traballos necesarios para avanzar no calendario de traballo
  • Prover de materiais adecuados á Asamblea para a criación de debates informados
  • Poñer en marcha as decisións tomadas pola Asamblea

Grupos de Traballo actuais e as súas responsabilidades/tarefas

GT Comunicación e Sensibilización

  • Mantemento do espazo web
  • Comunicación interna/externa
  • Recibir propostas internas/externas e poñer en contacto cos relevantes GTs
  • Crear conciencia cidadá/política de participación e apoio no proxecto

GT Proxectos (na actualidade inactivo)

  • Dotar de contido (social, cultural, educativo...) o espazo do cárcere.
  • Facilitar a participación activa dentro do mesmo.
  • Adaptar as diferentes actividades ao espazo existente.
  • Dinamizar a plataforma e difundila en colaboración co gpo de comunicación.

GT Xestión e financiamento

  • Viabilidade económica
  • Forma xurídica (realizado)
  • Sistema de xestión
  • Estado de contas
  • Proposta de documento de cesión

GT Inftraestruturas (na actualidade inactivo)

  • Rehabilitación do espazo
  • Elaboración dun informe do estado do edificio, onde se definan as patoloxías e deficiencias de seguridade existentes no edificio a día de hoxe, segundo a súa gravidade.
  • Elaboración dunha proposta de mínimos de recuperación e consolidación do edificio, para paliar as deficiencias e patoloxías mais graves e permitir o seu uso en condicións de seguridade. Dita proposta incorporará unha listaxe de operacións a realizar e unha estimación orzamentaria básica.
  • Proposta de contidos e usos do edificio, en función da súa compatibilidade co estado do mesmo e a súa configuración arquitectónica.

Equipo coordinador

Funcións:

  • Coordinar os diferentes GTs/tarefas entre estes e coa Asamblea
  • Coñecer o manual de funcionamento da Plataforma
  • Propoñer alianzas entre grupos cando sean necesarias
  • Comunicar á Asamblea as valoracións e experiencias de coordinación do proxecto
  • Organizar o calendario de traballo de PC

Obxectivos:

  • Avanzar no calendário de traballo do proxecto
  • Velar polo uso práctico do manual de funcionamento
  • Avaliar o bó desenvolvemento do traballo
  • Manter os obxectivos e tarefas da PC claras e concisas

3. REUNIÓNS DA ASAMBLEA

Convocatoria

As reunións da Asamblea son convocadas pola propia Asamblea. Usualmente no fin de cada reunión, decídese entre as presentes o día e hora e se é posibel o lugar, da próxima reunión da Asamblea. Decídese no mesmo día as persoas encargadas de reservar o local de reunión.

Periocidade

Debido a grande actividade que estamos a ter/vivir neste momento suxírese que se estableza unha reunión por mes. Preferibelmente nos sábados de mañá. A periocidade iría mudando dacordo coas necesidades do proxecto e por decisión da Asemblea.

Hora de entrada e de saída

Establecer unha hora de entrada e saída da reunión para facilitar a asistencia e permitir unha mellor efectividade. A primeira convocatória farase 10 minutos antes da hora (ex. 10:50 – 11h). A duración deberia rondar as 2h ou 2h30 máximo.

Asistencia

Recoller na acta ou en lista de participantes a asistencia ás asambleas para ter unha estimación da participación.

Orde do día

A orde do día será proposta no fin de cada reunión dacordo coas necesidades surxidas na presente, incluindo sempre un punto de cada GdT e do equipo coordenador. Será completada posteriormente polo GT Comunicación con aportacións dos diferentes GTs e de participantes independentes Establecerase unha data máxima para facer aportacións.

  • Temporalizar a orde do día

Tentarase na medida do posibel establecer e respectar uns tempos determinados para cada punto da orde día co obxectivo de usar o tempo de forma efectiva. A distribución de tempo por temática tentará ser realista e flexibel.

  • Completar proposta de orde do día

A proposta de orde do día será enviada ás/os participantes da Plataforma mínimo 3 días antes da asamblea. Despois desa data propostas de temas a tratar terán de ser valorados de ser incluidos na orde do día no mesmo día da Asamblea dependendo do volume da orde do día e da urxencia do tema proposto.

Preparar a asamblea

As participantes na Asemblea deben recibir a orde do día, convocatoria de reunión e documentación relevante con tempo suficiente para preparar a reunión da Asemblea. Isto será enviado polo GT Comunicación. É responsabilidade de cada persoa ou colectivo informarse e prepararse adecuadamente para axilizar os procesos de debate e toma de decisión da Asemblea.

Moderación

A moderación e a secretaría levaranse a cabo cada unha por unha ou varias proporanse no inicio de cada reunión, sendo persoas diferentes de cada vez.

Persoa moderadora

Moderar non é liderar ou dirixir, senón responsabilizarse de axudar ó grupo a cumprir os seus obxectivos, a tarefa ou o traballo que se marca a nivel organizativo.

Funcións:

  • Presentar os temas
  • Control do tempo para tratar todos os puntos da orde do día
  • Levar os turnos de palabras
  • Evitar reiteracións e monopolios de palabras
  • Realizar sínteses do expresado
  • Buscar puntos de acordo
  • Animar a tomar decisións
  • Aclarar o/s acordo/s
  • Axudar a superar situacións tensas

Secretaría

Serán tamén elexidas no inicio da reunión e serán diferentes en cada reunión

Turnos de palabra

Para facilitar a fluidez da Asemblea e permitir a participación do maior número posibel de intervenciós establécese unha primeira rolda de turnos de palabra de 5’ e unha segunda de 3’. Priorizarase a partir da primeira intervención na Asemblea, a participación daquelas persoas que non tiveran aínda intervido.

Relacións humanas

Valórase como fundamental no bo desenvolvemento do pensamento e accións colectivas as relaciónshumanas entre as participantes no Proxecto Cárcere. Estas serán basadas no respecto, confianza e cooperación, escoitando e tomando en conta todas as opinións e suxerencias, compartindo os acertos e superando os desacertos de forma colectiva, confiando e valorando o traballo propio e das demais participantes, e evitando a exposición de dúbidas e desacordos entre persoas/colectivos non relacionados directamente co Proxecto Cárcere nas reunións da Asemblea, GTs ou medios de comunicación da Plataforma.

PROTOCOLO DE REUNIÓN:

Inicio reunión

  • Distribución sala
  • Rexistrar asistencia
  • Elixir persoa moderadora e secretaria
  • Aprobación acta previa reunión.
  • Ler a orde do día
  • Ler e aprobar os tempos de cada punto da OD
  • Aprobar/rexeitar a incorporación de novos puntos na orde do día
  • Reaxuste dos tempos de cada punto da OD
  • Distribución dos documentos e/ou material necesario para a orde do día (se for necesario)

Desenvolvemento da reunión

  • Moderación
  • Toma da Acta

Fin reunión

  • Proposta orde do día para a próxima reunión
  • Convocatoria da próxima reunión (data, hora e lugar)
  • Selección persoa/s encargadas de solicitar local
  • Reaxuste de rexistro de asistencia se for necesario
  • Feche de reunión

4. ACTAS

As actas son documentos que sirven para rexistrar os compromisos, coñecer e lembrar os temas tratados, asumir as decisións xá tomadas e avanzar no calendario e tomar novas decisións.

Persoa/s secretarias

Escóllense no día da reunión e de forma rotativa

Qué debe incluir unha acta?

  • Data, hora de inicio e fin, lugar
  • Nomes/número de asistentes
  • Orde do día
  • Rexistrar os compromisos decididos e asignación de tarefas aos Gts ou persoas
  • Proposta orde do día da seguinte reunión

Formato das actas

(decídese en xaneiro 2011 que cada persoa elixirá o formato que considere mellor)

  • Crónica: Recolle as distintas alternativas e principais argumentos que se presentaron, os nomes das persoas que defendían cada postura, os procedementos, etc.
  • Acordos tomados: Breves e sumarias. Cuidada redacción dos acordos para ser fieis ás decisións tomadas. Toman o caracter de compromisos a asumir
  • Transcripción: Transcriben literalmente tódalas palabras expresadas. Precísase de grabadora e traballo posterior de transcripción.

Post-reunión

  • Enviar actas despois da reunión a través da lista xeral de proxectocarcere
  • Periodo de correción de actas. Correcións ou desacordos sobre a acta poden ser enviados ao correo proxetocarcere@gmail.com e serán aprobados na seguinte reunión da Asamblea.
  • Aprobación das actas ten lugar no inicio da seguinte reunión da Asamblea
  • As actas gárdanse no ficheiro do gmail de Proxecto Cárcere e na WIKI.

5. COMUNICACIÓN INTERNA

Listas de correo

As listas de correo son as ferramentas de comunicación para dar fluidez ao traballo interno. É importante que as persoas que formen parte dos diferentes grupos de traballo e grupo coordinador asuman a súa entrada e saída dos mesmos dacordo cos seus intereses e disponibilidade.

  • Lista da Asemblea. Recíbese información xeral sobre novas e convocatorias de reunión da Asemblea. Poden formar parte todas as persoas que compartan os valores e obxectivos de Proxecto Cárcere.
  • Listas dos grupos de traballo. Cada gdt organiza o seu traballo e distribución de tarefas a través da súa propia lista de intracomunicación.
  • Lista do equipo coordinador. Lista de intracomunicación onde participan as persoas activas nos diferents gdts.

Entradas e Saídas

A entrada nas listas de traballo farase através da reunión da Asemblea que ten lugar unha vez ao mes. A persoa interesada coñecerá ao grupo de Proxecto Cárcere e valorará como e onde quere participar.

A saída das listas de traballo e por tanto dos grupos idealmente farase tamén a través da reunión mensal da Asemblea. No seu defecto pódese enviar email notificando a baixa á lista do grupo/s ao que se pertence.

Manual de Funcionamento

O coñecimento do Manual de Funcionamento é imprescindibel para participar na comunicación interna de Proxecto Cárcere.

Relacións humanas

Valórase como fundamental no bo desenvolvemento do pensamento e accións colectivas as relaciónshumanas entre as participantes no Proxecto Cárcere. Estas serán basadas no respecto, confianza e cooperación, escoitando e tomando en conta todas as opinións e suxerencias, compartindo os acertos e superando os desacertos de forma colectiva, confiando e valorando o traballo propio e das demais participantes, e evitando a exposición de dúbidas e desacordos entre persoas/colectivos non relacionados directamente co Proxecto Cárcere nas reunións da Asemblea, GTs ou medios de comunicación da Plataforma.

6. PROTECCIÓN DE DATOS

En base á Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, a protección de datos das persoas e colectivos da plataforma regularase da seguinte maneira:

1. Solicitar só os datos adecuados e pertinentes á finalidade para a que se obteñen

2. Non utilizar estes datos con actividades incompatibeis con aquelas para as que os datos foron recollidos

3. Os datos non necesarios tense de cancelar. Persoas/colectivos que se teñen dado de baixa.

4. Tense de informar ás persoas/colectivos de que:

  • existe un ficheiro/rexistro de datos persoais
  • da finalidade da recollida de datos persoais
  • nomes, emails, teléfonos para comunicación interna
  • nomes colectivos/persoas para divulgación externa das participantes na plataforma

das destinatarias da información

  • da persoa/s responsabeis do ficheiro/rexistro

5. A liberdade de que calquera persoa/colectivo decidise que algúns dos seus datos non figurasen no ficheiro/rexistro

6. A persoa/s responsabeis do ficheiro deben velar para que os datos persoais non teñan accesos non autorizados, ou se utilicen para fins non autorizados Nomear a x persoas con acceso ás listas de emails, gmail proxectocarcere, etc

7. Só se poden ceder os datos do ficheiro/rexistro con permiso das persoas interesadas

7. ACOLLEMENTO DE NOVAS PARTICIPANTES

Punto a desenvolver no GT Comunicación e Asamblea