Proxecto Cárcere

De Proxecto Cárcere

(Redirixido desde "Portada")

Proxecto Cárcere

Índice

OBXECTIVOS DA PLATAFORMA

Logo pc.png

O antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso, preséntasenos hoxe como un desafío á cidadanía coruñesa para intentar acadar a transformación radical dun espazo representativo da represión noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais ou educativos e, dada a significación do propio edificio, onde a memoria histórica estea sempre presente.

A Plataforma creada a finais de 2010 entre distintas persoas e colectivos cidadáns, recolle as inquedanzas dos veciños do barrio e da cidade en xeral en torno á idea exposta, e tenta crear un movemento cívico de concienciación do dereito a acadar eses fines.

A independencia na xestión do futuro edificio preséntasenos como outro dos obxectivos.As fórmulas participativas que se establezan deberán conceder especial protagonismo á capacidade de decisión das asociacións culturais, sociais, veciñais ou educativos que formen parte do proxecto.

Fuximos de investimentos millonarios e apostamos por modelos sustentables e de aproveitamento dos recursos existentes. Dentro dos modelos de financiamento que se poidan establecer, e tentando reducir na maneira do posible a dependencia económica, a autoxestión preséntasenos como medio idóneo para acadar os obxectivos marcados.

FUNCIONAMENTO DA PLATAFORMA

A Plataforma –constituída por aproximadamente corenta persoas- organizouse en grupos de traballo de distintas materias: obxectivos, xestión – financiamento, comunicación e infraestruturas.

A Asemblea é o órgano soberano de toma de decisións, preferentemente por consenso, en aras a acadar os obxectivos marcados .

Esta Asemblea terá en todo momento un carácter aberto a persoas ou colectivos que se queiran sumar a este proxecto, pois queremos que sexa a cidadanía a principal protagonista e a que en definitiva dea forma ao mesmo.

A Coruña a 28 de marzo de 2011.

Foto carcere01.jpg
Cárceretorre.jpg


PLAN DE VIABILIDADE

PROXECTO CÁRCERE, UN CÁRCERE PARA A CIDADANÍA

Por qué Proxecto Cárcere?

Proxecto Cárcere é unha plataforma cidadá onde os colectivos e as persoas a nivel individual contribuímos de igual maneira á construcción dunha proposta de uso público para o cárcere.

Consideramos que a antiga prisón debería ser recuperada do seu actual estado de abandono e rehabilitada como un espazo de participación cidadá dacordo cos criterios e propostas da propia cidadanía da Coruña.

Esta concepción de demanda social xurde da necesidade das coruñesas e coruñeses de contar con un espazo onde o contido cobre mais valor do que o contentor, e onde os principios de participación, sustentabilidade e creatividade sean as bases sobre as que construir a nosa propia cultura, sociedade e historia.

A Plataforma Proxecto Cárcere traballa desde novembro de 2010 e está apoiada por mais de 140 persoas e colectivos.


Qué é o Plan de Viabilidade?

O Plan de Viabilidade é o traballo de moitas persoas que en diferentes momentos aportaron a súa experiencia, visión, tempo e enerxías para lle dar forma a un proxecto colectivo para o cárcere da Torre.

Foron recollidas numerosas propostas de cidadás e cidadáns da Coruña e contorno que quiseron dar a súa opinión e presentar iniciativas para a prisión. Estas foron compiladas no Plan de Viabilidade que inclúe os seguintes apartados:

  • Proxecto Cárcere como unha ferramenta de articulación das necesidades e propostas da cidadanía da Coruña para o edificio do antigo cárcere da Torre, na actualidade en desuso. Explícanse os diferentes momentos do proceso, o carácter reivindicativo e de participación cidadá desta iniciativa, a relación coas administracións e as sinerxias creadas con outros proxectos similares galegos e de fora da Galiza.
  • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
  • O Cárcere como un espazo de encontro, coñecimento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas, como poden ser hortas urbás, pistas deportivas, viveiro das artes, formación cidadá en cultura participativa, bioconstrucción, feminismo…garderías e escolas infantís, cafés e mercadiños, biblioteca de libros libres, locais para actividades puntuais (ensaio, obradoiros, concertos, reunións…), Albergue xuvenil, centro interpretación da Torre de Hércules, vivendas sociais e/ou observatorio arquitectónico do cárcere.
  • Explóranse diferentes modelos de Xestión e Financiamento, tomando como referencia outros espazos públicos noutras partes do mundo rehabilitados como centros socioculturais, o que nos fixo considerar “ecosistemas” de xestión, viabilidade a medio e longo prazo, sistemas de organización participativa e un financiamento sostible e sustentabel, considerando diferentes fontes de ingresos.


O Plan de Viabilidade é un documento vivo, aberto a debate e á entrada de novas propostas e a negociacións que faciliten a recuperación do cárcere e o seu uso por parte da cidadanía coruñesa.

Descargar aqui o Documento completo do Plan de Viabilidade de Proxecto Cárcere Ficheiro:Plan de Viabilidade.pdf

RECENTES ACCIÓNS

2º Encontro Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes

Lydia Ramos irá como representante de Proxecto Cárcere ao 2º Encontro da Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes que terá lugar o 29 e 30 de Xuño e 1 de Xullo na Aldea del Portillo de Busto, en Burgos. Info sobre a Rede Transibérica aqui [1] e aqui à de El Hacedor, espazo organizador nesta vez do Encontro [http://www.imagenesypalabras.com/ ]


Para outras novas visitar o blogue

blogue: http://proxectocarcere.blogaliza.org/

+ info

Boletín 2010-2011

Boletín Anual Proxecto Cárcere

ASAMBLEA ABERTA

Conxunto de persoas e colectivos, aberto a novas incorporacións, que fan propostas, debaten e toman decisións informadas, preferibelmente por consenso, para a consecución do obxectivo principal do Proxecto Cárcere: A recuperación do cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria.



Actas

1 de outubro de 2011

5 de novembro de 2011

17 de decembro de 2011

3 de xaneiro de 2012

9 de marzo de 2012

13 de abril de 2012

25 de maio de 2012

11 de xullo de 2012

Lei de autorización para LTBC

28 de setembro de 2012

26 de outubro de 2012

25 de abril de 2013

30 de maio de 2013

5 de xullo 2013

26 de setembro de 2013

30 de outubro de 2013

29 de novembro de 2013

18 de febreiro de 2014

17 de marzo 2014

EQUIPO COORDINADOR

Grupo de persoas activas nos diferentes GTs e tarefas do proxecto que sirven de interlocutoras entre o seu GT/tarefa e as/os demais co fin de coordinar os traballos específicos e xerais do conxunto do proxecto. Utiliza como guía o Manual de Funcionamento, e funciona en base aos acordos e sentires da Asamblea. Idealmente o equipo estaria constituído por 1 ou 2 persoas por GT/tarefa. Reúnense unha vez por mes.

Actas

Acta 1ª reunión Grupo Coordinador - Novembro 2011


Acta Mércores 11 Xaneiro

  1. Fixamos o venres 3 de febreiro a Asemblea aberta. As 20 horas.
  2. Tentatemos que sexa na sede de Alexandre Bóveda (chamei e saltou o fax. Tentareino de novo).
  3. Cada grupo de traballo debe ter 4 ou 5 puntos claves do dossier, de xeito moi escueto, redactado para o venres 27 de xaneiro. E logo compartilo co resto.
  4. O grupo de xestión comprometeuse a ter un borrador de estatutos para ese mesmo día e compartilo de cara a poder deixalos aprovados na asemblea.
  5. Habería que ir pensando quen está disposto a asumir os postos da directiva.
  6. Xa me deron os 500 cartaces A3. Deberiamos comezar a pegalos de xeito coordinado con algunha rolda de prensa, acto de constitución...


Acta 9 Maio 2012

Acta para a organización das actividades de Xuño 2013

Media:Acta Organización xuño 2013.pdf




Informe xuntanza Asociación Profesional de Xestores Culturais 6 de maio de 2013

Informe xuntanza APXC

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Ficheiro:Memoria Xornadas 2011.pdf

Outros Proxectos de espazos culturais recuperados

[LINKS EXTERNOS]